Ferida ou dureza na pel que lles produce o aparello aos animais de tiro ou de carga.
Etimoloxía
Proponse como posible orixe a unión da preposición a coa forma procedente do verbo matar.
Exemplos *
"E eran precisamente as feridas, a multiplicación azarosa das amatas, as que o dotaban -ó animal doméstico e sonoro- de animación e vida" (Anxo A. Rei Ballesteros: Loaira)
"Un burro cheo de amatas que xa non pode coas patas, tira dela, paso a paso" (Ramón Cabanillas: Vento mareiro)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.