ambrosía

Manxar exquisito

Etimoloxía

Palabra culta procedente do grego ambrosía que deriva de ámbrotos ‘inmortal’ ou ‘alimento divino’.

Exemplos *

“Mais hoxe eu cantar quería / a valdeorresa ambrosía: / é, o Alicante bermello, / dos viños tintos espello: / souril agulla do Caíño; / mais fogo líquido é o viño, deleitoso, do Godello.” (Florencio Delgado Gurriarán: “Louvores ao godello”, Cantarena, 1981)

“Non eran ambrosías, pero si bocados máis suculentos que aquelas porcións de sustento, escasas e desaboridas, destinadas aos seus boches e aos das Elixidas. Os voluntarios responsables dos alimentos incluíron este sabor substancioso no racionamento.” (Iolanda Zúñiga: Natura, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.