Meter medo a unha persoa ou animal
Etimoloxía
Voz derivada e relacionada con “medorento” que toma como base o termo “medo” procedente do latín metus, -a, -um ‘temor’.
Exemplos *
“Houbo ameazas e manobras de todo tipo, tanto pola súa parte, directamente, como por parte da súa familia á familia de Nicoletta. Mais a túa nai non se deixou amedrentar.” (Francisco Castro: O segredo de Marco Polo, 2010)
“E, como unha besta irada facendo unha demostración de forza para amedrentar, gruñiu histericamente ó tempo que abría os brazos con expresión sinistra.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.