Árbore froiteira da familia das rosáceas, de follas elípticas e flores abrancazadas, solitarias ou en parella, que ten como froito a ameixa
Etimoloxía
Xorde sobre a base “ameixa” que se cre que procede da frase latina damascena pruma 'ameixa'.
Exemplos *
“Comémolo baixo a sombra da ameixeira cansa, sentados na beira do pozo, mentres caían nas nosas mans vellas artillerías empregadas na batalla.” (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz / Andamios, 2000)
“O rapaz enreda batendo a regra de dous cincuenta na ponla dunha ameixeira en flor.” (Anxo Angueira: Iria, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.