amencida

Primeiras horas da mañá

Etimoloxía

Palabra se deriva do verbo “amencer” que vén do latín da Península Ibérica *admanescere de significado semellante.

Exemplos *

“Á fin eu tamén sucumbo ó cansazo e réndeme o sono. Sucede na amencida. É na amencida cando treme a terra.” (María Gándara: Magog, 1997)

“O gato negro observou o soño de Eva durante toda aquela hora que chegou para confortala. No momento da amencida Eva tornárase difusa. Xa non se sentía pertencida a si mesma, e a rabuñadas conseguiu despirse.” (Emma Pedreira: Bestiario de silencios / Atalaia do silencio, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.