améndoa

amendoaFroito da amendoeira, de forma oval que ten no interior da carabuña unha parte carnosa cuberta por una teaza marrón, a semente, que é comestible e rica en aceite.

Etimoloxía

Chegou do latín vulgar amyndula, no latín clásico amygdalum, -i, de orixe grega, que denominaba tanto a árbore como o froito.

Exemplos *

“Un regalo para os sentidos, co seu recendo a arandos e a carballo americano, cos seus vapores delicados a améndoa moída e a grosella.” (Xavier Queipo: Papaventos)

“Fúndese a manteiga mesturada co leite e o azucre, engádeselle as améndoas e esténdese sobre o biscoito.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.