amendoado

Doce feito con améndoas

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “améndoa” e esta sobre o étimo amygdalum de idéntico significado.

Exemplos *

“Había gran cantidade de carros, toldos, casoupas, tenderetes e postos de venda de roscas, rosquiñas, amendoados, bicas e moitas viandas e asemade chiolos con moitas chilindradas.” (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería, 1996)

“E para larpeiradas: bolos, bicas, amendoados etc., non hai como os caseiros e artesanais.” (Ramsés Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá. Ideas e accións para un consumo sustentábel, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.