Aumento do fluxo dun líquido
Etimoloxía
Vocábulo derivado de “ameter” e este crese que pode proceder emittere ‘producir’ ou ‘botar’.
Exemplos *
“O Miño asulagaría o val e non nunha anxurrada, non nunha ametencia, por un curto espazo de tempo; senón para sempre.” (Daniel Cortezón: A vida sulagada, 1981)
“No Courel atopamos ámbolos dous tipos, aínda que moitos atópanse en estado ruinoso, outros xa desapareceron hai tempo arrastrados pola forte corrente de auga nas "ametencias" do inverno.” (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.