amigable

De amigo, propio de amigos

Etimoloxía

Palabra que vén do latín tardío amicabilis cun significado semellante.

Exemplos *

“Mantén unha relación amigable cos camareiros e coñece moita xente que frecuenta a cafetería. Nada raro, tendo en conta que vive na rúa paralela e que semella ser unha persoa bastante sociable.” (Diego Ameixeiras: Matarte lentamente, 2013)

“O único que lle chamara a atención fora que Xoán, ao que adoitaba evitar dado o seu mal humor, se amosou moi amigable con el.” (Leticia Vila Sexto: Os tratantes de papagaios, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.