Que está unido a outro por un trato de afecto e confianza
Etimoloxía
Deriva do latín amícus 'amigo, confidente, favorito, protector, aliado'.
Exemplos *
“Refírome a un amigo noso, do barrio, alguén espelido e de confianza, e sobre todo, con ilusión abonda para crer en nós.” (Pedro Feijoo Barreiro: ¡Viva o fu remol! Ópera en cinco actos sobre a música ó pé da rúa, 2005)
“Xoel apreciaba a súa amiga con sinceridade pero , ás veces , desexaba que fora un pouco máis sociable.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.