amizade

Sentimento de afecto e confianza entre amigos

Etimoloxía

Palabra que vén do latín vulgar *amicitas que remite ao clásico amicitia ‘amizade’, ‘simpatía’ ou ‘alianza’.

Exemplos *

“Daquela viaxe polas illas gregas, daquela amizade, (...) quedou a lembranza luminosa dos días de outono, dous carretes Kodak e unha planta que entrou de súpeto na vida de Elisa Outes.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / Drosera tropicalis, 2014)

“Son as circunstancias triviais da amizade as que se lembran espontaneamente, non as máis importantes, non os esforzos desmesurados que facemos polas persoas que amamos ou os que estas persoas fan por nós.” (Berta Dávila: O derradeiro libro de Emma Olsen, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.