Persoa a quen serve un escravo.
Etimoloxía
Pénsase que procede de ama e este á súa vez do correspondente latino amma 'ama de cría'.
Exemplos *
"Non podía ser doutra maneira a coincidencia do amo e do criado." (Úrsula Heinze: O soño perdido de Elvira M.)
"¿Quen é máis escravo, o gladiador obrigado por un amo cruel, ou o adolescente guiado pola histeria colectiva?" (Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.