Masa preparada con auga ou leite, fariña, ovos e, ás veces, sangue, coa que se fan as filloas
Etimoloxía
Termo vinculado con estoutro do latín mola que era a ‘moa do muíño’.
Exemplos *
“Na tixola bótanse os torresmos, e cando están a medio facer, engádeselle a cebola en anacos. Déixase dourar un pouco e logo bótase o amoado cun cullerón e faise como se fosen filloas.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan, 2008)
“Quedaba a repousar o amoado e ao día seguinte faciamos con el os freixós. Estes de hoxe levan uns días feitos, pero ó pasalos pola tixola coa manteiga, recuperan o seu punto.” (Marcelino Fernández Mallo: Cabilia, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.