amocelo

Gancho de metal acabado en ángulo agudo, que se sostén por unha tanza e no que se pon un engado para pescar

Etimoloxía

Voz relacionada coa latina hamum ‘anzol, ‘gancho’ .

Exemplos *

“Daqueles días en Rianxo gardo particular lembranza dun neno mariñeiro, Antón dicíanlle, que me aprendeu a coller de mans núas os camaróns que ficaban nas pucharcas no devalo da maré, a pescar con tanza e amocelo pequenos serráns e algunha maragota, e tamén a apañar caramuxos para logo agasallar os meus cun petisco inesperado.” (Xavier Queipo: Sermos Galiza, 22-2-2018)

“De xaneiro a sanxoán pescaba á chumbada , coa liña vertical a fío da embarcación. Pero agora no verán irrompían de fóra as anadas ou arribazóns de cangrexo que usaba como carnada para pescar o abadexo á liña va , vareando o amocelo o máis lonxe que podía.” (Xelucho Abella Chouciño: A ermida do diaño, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.