Causar unha sensación intensa de sono o tempo, o exceso de comida ou bebida etc.
Etimoloxía
Derivado creado sobre “modorra”, que ten unha orixe incerta.
Exemplos *
“Comeu no coche. Mellor que o xantar do mellor restaurante. Esqueceuse da sombra que o seguira e deixouse amodorrar nunha sesta axudada pola radio.” (Joaquim Fariña: Blues para un asasino. First we take Manhattan, 1994)
“Considerou que en Santiago agardaba o debullar diario dun día coma outro, coas súas pequenas historias e os mesmos problemas de familia e traballo que durante os últimos quince anos o amodorraran nunha somnolenta compracencia.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.