amor

Sentimento de profundo afecto cara a alguén

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latín amor, -oris de significado semellante.

Exemplos *

“O amor máis forte é o de dous solitarios que aman a liberdade. Iso di. E a Lara non lle soa mal.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)

“A filla. Nacera sometida aos rigores do desterro e non botaba nada en falta. Nin as comodidades dun fogar, nin a inercia dun existir encarreirado, nin a amizade, nin a familia, nin o amor.” (Iolanda Zúñiga: Natura, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.