amora

Froito da silva, de forma redonda e constituído por pequenos grans que cando están maduros son de cor negra.

Etimoloxía

Procede do latín vulgar mora (no latín clásico morum,i), ao que se lle xuntou o a do artigo.

Exemplos *

"Normalmente tomarían un pouco de xeado de amorodos (o favorito de Rose) ou framboesa (o favorito de Francis) ou de amora (un compromiso e unha descuberta)" (Xavier Queipo: Papaventos)

"Encol das laxes medraba a carriza e maila herba e nas beiras do camiño as silveiras inzadas de amoras. " (Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.