Relación amorosa pouco seria, namoro pasaxeiro.
Etimoloxía
Creación sobre a palabra amor que procede do latín amor, –oris do mesmo significado.
Exemplos *
"En cada nova festa nacían diferentes amoríos." (María Xosé Queizán: A semellanza)
"Aínda reverberan na miña memoria os pasodobres mediocres dos Mansos que amenizaban os nosos amoríos periféricos." (Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


