Que está sen ánimo, abatido, deprimido ou canso.
Etimoloxía
Proponse como probable que se formase a partir da palabra 'morro' (de orixe incerta), cun sentido próximo a ‘de morro caído’.
Exemplos *
“Nun lugar principal, entre o altariño e o catre do licenciado, don Gonzalo presidia a Novena e moneaba por veces, canso e amorroado, arrolado co canto do latín e o incienso.” (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia)
“Non había mulleres, só homes amorroados que respiraban a densidade gris do aire cargado de fume.” (Francisco X. Fernández Naval: Sombras no labirinto)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.