amortecedor

Mecanismo empregado para atenuar a violencia dun choque, dunha vibración ou dun movemento brusco.

Etimoloxía

Deriva de amortecer e, se tiramos do fío, imos dar a unha forma morere do latín vulgar 'morrer' (mori no latín clásico).

Exemplos *

"… propietarios de utilitarios preparados con dous tubos de escape e amortecedores rebaixados, que en innumerables ocasións tiveran que cravar os freos para que Lucas non se esnafrase contra o autobús no seu empeño por adiantalos." (Alfonso Álvarez Cáccamo: Xente de mala morte)

"Ía no asento dianteiro á dereita do conductor, deixando que o corpo abanease co vaivén dos amortecedores, sobre o camiño enlamado e irregular que conducía á estrada, …" (Francisco X. Fernández Naval: Sombras no labirinto)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.