amparar

Proporcionar refuxio, defensa ou protección a alguén contra aquilo que o pode prexudicar ou danar

Etimoloxía

*anteparare era en latín ‘preparar con antelación’ e tamén ‘colocar un parapeto diante de algo’.

Exemplos *

“Cabería falar tamén dos ultras fanáticos da liberdade de expresión, do seu modo de entendela e usala, como se fose un valor absoluto sen ningunha relación de respecto cara a outros valores, sensibilidades e crenzas. Do seu modo de entendela e usala, non para amparar os débiles fronte aos poderosos, senón para rirse deles e ofendelos.” (Calo Iglesias: Tempos Novos 17/04/2006)

“Durante un intre permaneceu co teléfono na man pensando se esquecería algo importante. Non quería errar, pois decatábase de que el era o único familiar que podía amparar aquela velliña o día do seu pasamento.” (Xabier Quiroga: Atuado na Braña)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.