ampliación

Copia ampliada, especialmente dunha fotografía.

Etimoloxía

Deriva do verbo ampliar, procedente da forma case idéntica do latín ampliare.

Exemplos *

“Se non lles importa agardar unha miguiña ata que a nena volva coa máquina de fotos e retratarse vostede con ela. Son cinco minutos. Despois, se non lle parece mal, poñeremos unha ampliación aí na parede para que se saiba da súa visita...” (Paco Martín: A bisneta lercha)

“Nas paredes da terraza teño fotos de Inés, ampliacións de calidade e moi naturais, sen pose, feitas por min mesmo.” (Xurxo Borrazás: Contos malvados)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.