ampliar

Facer máis amplo

Etimoloxía

Vocábulo que vén desde o latín ampliare ‘aumentar’, ‘ampliar’ ou ‘acrecentar’.

Exemplos *

“Presentamos un proxecto para ampliar as nosas instalacións, incluíndo a merca dunha hectárea de terreo lindeiro para repoboar de autóctonas en colaboración cos ecoloxistas de Ridimoas.” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)

“Miña nai mandara ampliar unha foto del co uniforme de piloto e aquela foto presidía a nosa vida dende a repisa da cheminea do cuarto de estar. Á miña nai íanselle os ollos cara a ela con moita frecuencia. Lía ou cosía e , ao alzar a vista do libro ou do labor, pousábaa sempre nel.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.