amurada

Cada un dos costados dunha embarcación pola parte interior.

Etimoloxía

Formouse a partir de muro, do que primeiro derivou murada, á que logo se lle engadiu o artigo.

Exemplos *

"… algún anaco de amurada dun barco afundido moitos anos antes, e as viúvas máis vellas sempre recoñecen na madeira corrupta a nave na que afogou o seu home …" (Aníbal C. Malvar: Unha noite con Carla)

"O persoal da manobra de portas non se montará sobre a amurada para fixa-la cadea da porta." (Ramón A. Rivas Lago: Manual Marítimo-pesqueiro: Galicia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.