anainar

Arrolar un neno cantándolle nanas.

Etimoloxía

Indícase que é unha formación a partir de nai, que evolucionou desde o latín mater, -tris.

Exemplos *

"Como anaina no berce o seu meniño unha nai rebordante de cariño, así quero anainarte en lene son." (Fiz Vergara Vilariño: Nos eidos da bremanza)

"A noite é demasiado longa e unha nena non dorme nos brazos da avoa senón cando a cantiga de el Rei a anaina." (Xosé Vázquez Pintor: Os vellos oficios)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.