Fenómeno social caracterizado pola existencia de persoas analfabetas / Estado ou condición de analfabeto
Etimoloxía
Termo derivado sobre a voz “analfabeto” que vén do latín tardío analphabētus, e este do grego analphábētos ‘que non coñece o alfabeto’.
Exemplos *
“O mal tempo dese domingo é unha feble razón da abstención, esta tivo que ver máis con esa manipulación –que logo admitiron algúns uribistas−, a ignorancia e o analfabetismo de gran parte da poboación.” (Victorino Pérez Prieto: Luzes, 11-2016)
“Falan a lingua nativa, malia que o uso do castelán está moi difundido. O nivel de analfabetismo segue a ser bastante alto, situación que a formación de mestres bilingües contribúe a reverter.” (Comba Campoy: Tempos Novos, 9-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.