ananás

Froito comestible dunha planta tropical americana, o ananás, de aspecto parecido ao froito do piñeiro

Etimoloxía

Préstamo do portugués ananás que, á súa vez, é a adaptación do equivalente tupí naná.

Exemplos *

“Os mercados apareceron da noite para a mañá ateigados de patacas, de tomates, de cacao, de tabaco, de ananás... E, non crerás o que pasou, que en vez de desconfiar das novidades, as xentes invadiron o porto.” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)

“Aproveitou o tempo para facer o que nunca fixera: viaxar, viaxar coa imaxinación, a remotos países, arredados, exóticos, poboados por homes e mulleres de todas as cores, praias, desertos, palmeiras xigantes, ananás cheas de zume, luces, América, Asia, Europa, Australia, África...” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.