anchear

Facer máis ancho, dar máis anchura a algo

Etimoloxía

O verbo procede da palabra latina ampliare de significación parecida.

Exemplos *

“Día a día, durante un ano, traballei a barra do pasador dándolle voltas de seguido para ir ancheando os furados dos grillóns." (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)

“E o cruceiro era outro. E a porta outra. E anchearan os camiños, asombrados agora por árbores que nunca vira. Pensou na rosa: a rosa estaba alí, de pedra, sobre aquela porta que non era a porta.” (Basilio Losada: Ero de Armenteia, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.