ancián, á

Persoa que ten moita idade.

Etimoloxía

Chega desde o latín vulgar *antianus derivado de *antius que procedía de ante 'antes'.

Exemplos *

"O longo parlamento do ancián non fixo a Gabriel mudar de propósito." (Manuel Janeiro: A fada das lapas)

"A anciá buscou a pedra de afiar entre a herba no fondo do carro." (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.