Percorrido máis ou menos longo que se fai a pé
Etimoloxía
Termo derivado do verbo “andar” que vén do equivalente latino ambulare.
Exemplos *
“Celebraron a boa nova con risas e abrazos, e continuaron a andada con renovada enerxía. Camiñaron ata ben entrada a tarde, trementes de que, unha vez se decataran no mosteiro da evasión, enviaran a alguén na súa busca polos arredores do convento.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)
“Facendo de tripas corazón collín o bus e logo botei unha boa andada ata o chalé do Moucho.” (L.C. Carballal: Historias non irreais, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.