andadeiro, -a

Lugar de fácil acceso ou que se presta para camiñar por el / Amigo de camiñar, ou que anda moito ou á présa

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o verbo “andar” que vén do latín ambulare de significado semellante.

Exemplos *

“E ficaron atrás as suaves ondulacións do Mañuema, aqueles camiños andadeiros, entre cuíñas cubertas de árbores e encostas verdecentes nas que medraba alta a herba, moitas veces ata por riba dos ombreiros dos camiñantes.” (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema, 1988)

“De alí a dous días aconteceu que pasaba unha caravana procedente do norte, indo para o sur, e nela viña un aspirante a escriba, novo, andadeiro, alto, con ollos saltóns, piadoso e poeta, que o carpinteiro coñecera en Cafarnaún.” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.