andador

Aparello que sostén de pé os nenos pequenos para que boten a andar sen perigo de caer

Etimoloxía

Palabra que se forma a partir do verbo "andar", este procede do latín ambulare 'camiñar' e o sufixo -dor.

Exemplos *

“O meu son os seguros, si , seguro de asistencia no fogar, seguro de vida, teño seguro até para o andador do pequeno e mesmo o seguro cubriría o traxecto en taxi, desde o taller onde hoxe deixei a arranxar o coche ate o local da produtora Minarete Filones.” (Gustavo Pernas Cora: Paso de cebra. Sucesos, 2004).

"E ademais, aquilo tamén está cheo de fantasmas: o andador de Andresiño, xoguetes feridos, floreiros que non aturaban (...).” (Manuel Seixas: Viñeron do espacio interior / Wáter, 1996).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.