andaina

Tempo que se tarda en percorrer un traxecto / Camiño que se anda

Etimoloxía

Voz derivada desde o verbo “andar”, este procede do latín ambulare de significado semellante.

Exemplos *

“Despois de pasar polo parque da illa das esculturas rematamos no mesmo punto no que comezamos a andaina. No traxecto invertimos unhas catro horas, cinco se se fai de vagar , para encher media xornada gozando da natureza.” (Xosé Antonio Fidalgo Santamariña: Colectivos artesanos. Para unha etnografía dos portadores tradicionais, 2007)

“Foran primeiro andainas case erráticas polos montes veciños e da comarca , sempre ao abeiro de lugares coñecidos . Non obstante , dotado de inmensa cautela , nunca se detiña no mesmo sitio por máis dunha xornada . O instinto de sobrevivencia soubera ir creando nel a maneira de se ir fornecendo de vituallas.” (Henrique Dacosta: Unha mada de doce relatos / Sementeira, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.