andalusí

Relativo ou pertencente a Al-Ándalus, á España musulmá.

Etimoloxía

Deriva da denominación dada polos árabes á Península Ibérica: Al-Ándalus.

Exemplos *

“Somos anti-poéticos. Non temos a graza, o ton e o tino dos andalusís.” (Manuel X. Neira: Galicia Hoxe 10-03-2007)

“… o andalusí Ben al-Talla de Mahdiya escribiu: Filla da auga e da terra, ofrécese abondosa a quen a agarda, pechada nunha torre de cobiza.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.