Movemento musical menos lento ca o adagio // Composición musical ou parte dela que se interpreta con ese movemento
Etimoloxía
Palabra tomada da lingua italiana que, á súa vez, é o participio presente do verbo andare ‘moverse’.
Exemplos *
“Era unha melodía apagada de violonchelos no andante que, por veces adquiría o ritmo dun adagio nos días de nordés, fríos e sombríos.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)
“Por último, as recapitulacións, que seguen o modelo de Mozart, presentan, polo contrario, codas moi extensas. O segundo movemento adoita ser un Adagio ou un Andante (agás na Sétima, que é un Allegretto e na Oitava, que é un Allegretto scherzando).” (Paulino Pereiro: Iniciación á linguaxe musical, 1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.