Viaxe ou expedición en que se percorren diferentes lugares
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o verbo “andar” que vén do latín ambulare ‘camiñar’ ou ‘pasear’.
Exemplos *
“A miña tía Victoria, antes de morrer, legoume en vida a cabeza reducida dun indio xíbaro, recordo das andanzas (...) do seu home en terras amazónicas cando a apoteose do caucho.” (Paco Carro:Tempo ordinario (Historias de Compostela) / Benito, 2014)
“Só para contrarialo, contaba el, ingresara no exército, o que propiciara as súas andanzas polo mundo.” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.