Percorrer unha determinada distancia ou camiño a pé.
Etimoloxía
Termo procedente do latín ambulare ‘pasear’ ou ‘camiñar’.
Exemplos *
“Botei a andar con calma procurando esquecerme dos problemas que me rodeaban.” (Ledicia Costas: Unha estrela no vento)
“O rapaz xa estaba canso de andar polas congostras á procura de amoras.” (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.