andas

Soporte de madeira apoiado en dúas varas grosas paralelas, que serve para transportar unha carga sobre o ombreiro entre varias persoas.

Etimoloxía

A forma da que provén é o latín ames, -itis 'vara' ou 'estaca'.

Exemplos *

"Os endemoñados chegaban á procesión, metíanse debaixo das andas do santo e pasaban dun lado para outro facendo cruces, sempre no mesmo sentido." (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida)

"… eu estaba indeciso, sen saber se subir a bordo ou non, ata que uns rapaces se acercaron ós que levaban as andas e sacáronlle a imaxe das mans e subiron con ela á motoriña do Zurdo." (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.