Trebello para espantar os paxaros, xeralmente con aspas que fan ruído ao seren movidas polo vento
Etimoloxía
Palabra formada polo verbo “andar” e o substantivo “vía”.
Exemplos *
“Defenderémonos, Bariloche , defenderémonos! — berraralle así mesmo Míguez, noutra emposta, espaventado, acenando no medio da rúa dunha maneira grotesca, coma un espantallo, coma unha andavía abanegada polo vento. Bariloche Pelerín viuno afastarse e ficou inquedo.” (Daniel Cortezón: A vila sulagada, 1981)
“Tan só lle restaba unha última acción. Cun improvisado galleto, arrombou o toxo, a xesta e a silva que rozaran durante eses días de arredor do castro. Ao pé de cada coloso, de cada unha das andavías xigantes, foi amontoando a maior cantidade de estralla que puido.” (Henrique Dacosta: Unha mada de doce relatos, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


