Táboa ou prancha de calquera material, colocada horizontalmente na parede ou nun moble, para colocar cousas enriba
Etimoloxía
Palabra da que non se coñece con certeza a súa orixe, xógase coa posibilidade de relacionala co termo “andas”.
Exemplos *
“POUSAS no andel, déixaste estar. // A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas. // E mais déixaste estar.” (Xela Arias: Intempériome, 2003)
“Despois de ler aquilo, Carlos Carballeira Barreira comprendeu e volveu ter esperanza, logo respirou fondo e apartando con desdén a súa infusión, que aínda non probara, reparou nunha botella de mencía dos andeis do establecemento, que xacía entre cadros de nós mariñeiros e exclamou: ¡unha de polbo, por favor!” (Fernando Cabeza Quiles: Contos de taberna / Unha de polbo, por favor, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


