androlla

Embutido feito co intestino groso do porco a base de ósos, costela e carne picada e adubada con pemento, allo e loureiro

Etimoloxía

Termo de orixe controvertida, crese que podería estar relacionado coa palabra latina *inductilia que é un derivado do verbo inducere ‘introducir’.

Exemplos *

“Na comida organizada polo concello, servida en louza de cerámica de Ourense, a androlla vai acompañada de caldo do cocido con tropezóns, chourizos con cachelos e grelos.” (Mariano García / Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico, 1994).

“Os mozos e as mozas formaban grupos diferenciados de solidariedade: os primeiros para roubar chourizos e androllas; para roubar roupas de muller con que vestir o moneco, que logo erguerían sobre do pau máis alto que atoparan.” (Susana de la Gala: Galicia Hoxe, 5-2-2005).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.