Aro de metal ou outra materia, liso ou con labores de adorno, que se leva nalgún dos dedos da man.
Etimoloxía
A forma da que se tomou, anellus, -i, era en latín un diminutivo de anulus, -i.
Exemplos *
“Unha pulseira aquí, un anel acolá, un colar coas letras dun nome de rapaza que el, dezasete anos, lle compra ruborizado, mirando aos lados para que non o vexa ninguén.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado)
“Tiña un vestido violeta, recamado, un anel de prata, uns ollos verdes vivos, grandes, e un cabelo dourado, con mechas brancas, longo, que peiteaba na xanela da Torre ollando a ponte e o remanso.” (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.