Aparello de pesca formado por unha liña que se mantén vertical cunha pedra ou cun chumbo, do que saen sedelas con anzois
Etimoloxía
O vocábulo relaciónase co teremo do latín vulgar *angariellae que remite ao clásico angariae ‘transporte’.
Exemplos *
“Para a robaliza emprégase en Camariñas e nas Rias do Norte da Galiza un angarello que consiste nun cordel delgado de algodón que ten no cabo un aramio tamén delgado cun chumbo na punta.” (Xaquín Lorenzo Fernández: O mar e os ríos, 1982)
“A pesqueira do angarello desenvolvíase durante o inverno, entre os meses de xaneiro, febreiro e marzo, na que era a mellor época do badexo.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


