Apeiro formado por un mango longo rematado nun dos extremos por un pau atravesado que ten dentes de madeira ou de ferro formando unha especie de peite
Etimoloxía
Palabra que se pensa que procede do gótico *anga ‘gancho’.
Exemplos *
“Alí estaba unha monxa cun angazo na man como se fose un peón, dálle que dálle, sacando a maleza do xardín.” (Josefa de la Esperanza Mandado Estévez: Obras breves de imaxinación, 2011)
“Había unha vella que cun angazo apañaba as últimas pallas.” (Xoán Ramiro Cuba Rodríguez; Xosé Miranda Ruíz: Diccionario dos seres míticos galegos, 1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.