La ou tecido realizados do pelo do coello de angora.
Etimoloxía
O nome do tecido procede do da rexión da que son orixinarios estes animais, Angora, actual Ancara.
Exemplos *
"… sentáballe ben o traxe, escuro e sobrio, de pantalóns anchos, e a camisa de seda salvaxe, que cubría cunha elegante chaqueta delgada, de angora." (Xesús Valcárcel: Matar o tempo)
"… xersei de la de angora que me semella, cando retomo as fotos nas miñas mans, ridículo e espantoso." (Alfredo Conde: Memoria de Noa)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.