anguía

(Anguilla anguilla) Peixe da familia dos anguílidos, de corpo longo e cilíndrico, cuberto por escamas moi pequenas e unha substancia viscosa, co lombo negro e o ventre prateado na fase adulta, que vive nos ríos e se vai reproducir ao mar.

Etimoloxía

Procede da forma latina anguilla, diminutivo de anguis –is ‘cobra’.

Exemplos *

“Un día pillaramos unha anguía no río Grande, cun rosario de miñocas.” (Manuel Rivas: Os comedores de patacas)

“Todos sabiamos das andainas do Amable para redar e armarlles ás poucas troitas e menos anguías que no río quedaban.” (Paco Martín: Tres historias para ler á noite)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.