anguria

Sensación de intranquilidade e sufrimento acompañada de alteración física, producida pola incerteza, a inseguridade, a aprehensión, o medo etc.

Etimoloxía

Palabra da que non hai un consenso se vén do latín ruga ‘enruga’ tomando o sentido de ‘encollido pola dor’ ou do vocábulo do latín e do grego agonia ‘pena’ ou ‘dor’.

Exemplos *

“Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente. E cando esculcaba con máis anguria fíxose cargo de que un home estaba abrazando a súa nai.” (Daniel Rodríguez Castelao: “O pai de Migueliño”, Cousas, 1929)

“Dese xeito, chegaren aos poucos á pousada que había ao final do lugar de Ponte de Lima, por separado e sen se falar, como descoñecidos que coinciden por un acaso na mesma hospedaría para descansar das angurias do camiño.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.