Composto derivado dun ácido por eliminación de auga.
Etimoloxía
Puido chegar desde o francés anhydride, formado a partir do grego hydor –atos ‘auga’.
Exemplos *
“… acharon un portelo na tapia do camposanto, aberto por unha das frecuentes explosións das bombonas de anhídrido carbónico alí almacenadas.” (Bieito Iglesias: Vento de seda)
“Esta modificación provocaría importantes variacións nas emisións gasosas á atmosfera, por canto non se produciría anhídrido sulfuroso, nin partículas en suspensión, e reduciría considerablemente o dióxido de nitróxeno emitido.” (O Correo Galego 31-05-1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.