Cor azul escura da substancia que se obtén dun arbusto das papilonáceas.
Etimoloxía
Tomouse do árabe annil, onde chegou desde o sánscrito nila 'azul', a través do persa.
Exemplos *
"Con gravata anil e chaqueta gris, parecía un home extraído doutra época." (Román Raña: O crime da rúa da moeda vella)
"Dese balcón cuberto pola hedra de flores anil no verán, de verde mesto na húmida invernía, sería o soño e o amor imposible de Esther e Don Xoán." (Laura Caveiro: As naos afondando)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


