ánima

Alma, en particular a que está no purgatorio

Etimoloxía

Palabra que nos chega do latín anima ‘aire’ que bebe do grego ánemos ‘sopro’.

Exemplos *

“¿E cómo non van creer que faléi coa Edelmira se por ánima viva non podía saber o que eu sei? Pero os notarios non cren nas ánimas, non se deixan enganar polos mortos: só se deixan enganar polos vivos.” (Ricardo Carballo Calero: A farsa das zocas 1963).

“Cando era pequena a patroa escoitara falar dos membros da Irmandade do Leviatán, segundo ela ánimas en pena que outrora paseaban polos arredores da vila coa intención mefistotélica de recrutar membros para un exército infernal.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.